Neste blogue vimos publicando una serie de fotografías-adiviña, sobre
lugares característicos da vila de Portosín e arredores.
O concurso consiste en ir adiviñando
cada un dos recunchos que se publican no blogue. O concurso está aberto a
calqueira alumn@ do colexio, que participará de xeito individual, aínda que
pode contar coa axuda de familiares, veciñ@s ou amig@s. Tamén estará aberto aos
mestres/as, que participarán en equipas de un ou dous mestres/as, onde dos que
participen en parellas, un deles terá que vivir no Concello.
Haberá un premio pola
modalidade de alumn@s e outro pola modalidade de mestres/as.
Gañará quen adiviñe tódolos
recunchos, ou o maior número deles; en caso de empate, sortearase o premio
entre os que acaden a máxima puntuación.
O día da celebración das
letras galegas terá lugar a entrega de premios, valorando tódolos recunchos
publicados ata ese intre; anteriormente explicarase cal é o derradeiro recuncho
e pediranse as follas de respostas. Así que ide cubrindo esta folla de
respostas e non a compartades con ninguén, xa que todos competides entre vos…