martes, 14 de mayo de 2013

Concurso dos recunchos - Resultados

Tras o remate do prazo acordado para recibir as follas de respostas, xa están correxidas, e contamos con só unha equipa de mestres que participou, así coma 7 alumn@s.

Na categoría de mestres, polo tanto, quedan gañadores, con tódolos recunchos acertados, María e Manolo, coa súa equipa "M y M".

Na categoría de alumn@s, quedan empatados, con tódolos recunchos acertados, Noa Filgueira de 2º e Martín Ogando de 4º. Neste caso, son os dous finalistas, e quedará a sorteo quén gañe o premio, así que este mesmo Xoves, durante a celebración das Letras Galegas, realizaremos o sorteo no momento da entrega de premios. Tódolos participantes recibirán o seu correspondente diploma, para que lles quede de recordo.

Póñovos unha foto da localización aproximada dos recunchos, esperando que os que participarades o tiñades pasado ben, realizado un pouco de exercicio físico, e coñecido algunhos sitios chulos dentro do Concello.


miércoles, 8 de mayo de 2013

Concurso dos recunchos - Resumo

Imos aclarar as cousas que nos quedan para rematar co concurso dos recunchos:

1- Desde agora podemos cubrir as follas e entregalas a Miguel cando o vexamos; o luns 13 ás 17:30h remata o prazo para entregalas.

2- O mércores 15 publicaranse neste blogue os gañadores de cada categoría. No caso de houberen empates, realizarase un sorteo na mesma entrega de premios.

3- O xoves 16, no acto de celebración das "Letras Galegas", farase a entrega de premios. Se é preciso, realizarase un sorteo entre os empatados mediante o sistema de anotar os nomes nunhos papeliños e sacar un sen mirar.

Esperamos que o mero feito de participares vos resultara grato.

Ánimo!!!

lunes, 6 de mayo de 2013

Recunchos - 15

E imos co derradeiro recuncho...

Lembrade que tendes toda esta semana para ir cubrindo as follas de respostas e o plazo para entregarmas a min persoalmente é o próximo luns 13, ata a saída do cole ás 17:30h.

Despóis de analizar as follas, publicarei os gañadores de cada categoría, e no caso de empataren, no acto de entrega de premios o día 16 realizarase o sorteo.

Se pinchades no signo de interrogación, veredes un vídeo que está grabado desde?



jueves, 2 de mayo de 2013

Recunchos - 14

E como estades cansos de buscar recunchos difíciles, aquí vai un faciliño, aínda que esté lonxe para achegarse ata el...


Recunchos - 13

Achégase o final do concurso... Imos co recuncho número 13. Trátase dun parque de xogos que está na aldea de?