miércoles, 8 de mayo de 2013

Concurso dos recunchos - Resumo

Imos aclarar as cousas que nos quedan para rematar co concurso dos recunchos:

1- Desde agora podemos cubrir as follas e entregalas a Miguel cando o vexamos; o luns 13 ás 17:30h remata o prazo para entregalas.

2- O mércores 15 publicaranse neste blogue os gañadores de cada categoría. No caso de houberen empates, realizarase un sorteo na mesma entrega de premios.

3- O xoves 16, no acto de celebración das "Letras Galegas", farase a entrega de premios. Se é preciso, realizarase un sorteo entre os empatados mediante o sistema de anotar os nomes nunhos papeliños e sacar un sen mirar.

Esperamos que o mero feito de participares vos resultara grato.

Ánimo!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario