martes, 14 de mayo de 2013

Concurso dos recunchos - Resultados

Tras o remate do prazo acordado para recibir as follas de respostas, xa están correxidas, e contamos con só unha equipa de mestres que participou, así coma 7 alumn@s.

Na categoría de mestres, polo tanto, quedan gañadores, con tódolos recunchos acertados, María e Manolo, coa súa equipa "M y M".

Na categoría de alumn@s, quedan empatados, con tódolos recunchos acertados, Noa Filgueira de 2º e Martín Ogando de 4º. Neste caso, son os dous finalistas, e quedará a sorteo quén gañe o premio, así que este mesmo Xoves, durante a celebración das Letras Galegas, realizaremos o sorteo no momento da entrega de premios. Tódolos participantes recibirán o seu correspondente diploma, para que lles quede de recordo.

Póñovos unha foto da localización aproximada dos recunchos, esperando que os que participarades o tiñades pasado ben, realizado un pouco de exercicio físico, e coñecido algunhos sitios chulos dentro do Concello.


No hay comentarios:

Publicar un comentario